Como moitas outra especies, o ser humano é un ser social. Como as abellas, as formigas, ou os lobos, o individuo humano crece, desenvolvese como tal no medio e coa axuda dos seus conxéneres.
Pero o ser humano non está atado aos seu instintos na mesma medida que os outros animais sociais. As abellas e os lobos manteñen a cohesión social efectuando labores e mantendo regras de relación programadas no seu código xenético. Non son normas libremente elexidas. As persoas, en cambio, debido a esta deficiencia instintiva, necesitamos para facer posible a nosa vida en sociedade, crear normas e institucións. Estas normas e institucións poden ser de formas variadas, pero a súa necesidade é incuestionable... Pero ¿é seguro isto? Só no caso de que necesitásemos realmente vivir en sociedade. O propósito desta lección é demostrar que ao ser humano non lle queda, de verdade, ningunha outra posibilidade.
Preséntasenos unha pregunta, seria o home capaz de vivir fóra da sociedade?
O home ten que vivir en sociedade para garantir a súa integridade física e supervivencia. Para que os homes vivan de xeito adecuado en sociedade, deben existir tamén unhas normas e institucións, xa que é a única maneira de garatir estos dereitos.
martes, 17 de junio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario